top of page

QUE É O FITOFALADOIRO ONS?

 

    

     Un proxecto que estamos a desenvolver no IES Illa de Ons (Bueu), incluído dentro do Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa a través de distintos programas didácticos.

 

     O obxectivo fundamental da nosa proposta é facer unha labor de investigación sobre o tipo de vexetación da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal será unha das principais fontes de información acerca dos nomes e diferentes usos das plantas que os propios rapaces e rapazas rexistren nun herbario creado por eles mesmos.

 

   

Outros obxectivos desta iniciativa son:
 

 

• Promover o proxecto no centro procurando implicar á meirande parte da Comunidade Educativa.

• Concienciar ao alumnado da importancia de preservar o noso patrimonio e do proveito da memoria colectiva.

• Fomentar a curiosidade do noso alumnado polos nomes e usos tradicionais das plantas na nosa contorna e contrastar cos nomes e usos destas noutros lugares.

• Elaborar un herbario propio coas mostras recollidas no noso concello e publicar os resultados a través de diferentes medios: biblioteca, blog/web, mapas virtuais, radio do centro...

• Incentivar a creatividade do alumnado na presentación dos resultados obtidos: montaxe de mostras, deseño de blog/web, debuxo das plantas recollidas con técnicas diferentes...

Participantes e área de investigación:

    

     Neste proxecto colaboran varios departamentos: Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua Galega, Educación Plástica e Visual e a dirección do centro. Procuramos implicar á maior parte da comunidade educativa, pero sobre todo ao alumnado e ás súas familias e veciños/as.

 

     As parroquias de Cela e Beluso son as principais áreas da nosa investigación xa que a maioría do noso alumnado procede destas dúas zonas, aínda que tamén hai alumnado de San Martiño (casco urbán de Bueu) e de Ardán (Concello de Marín), polo que tamén estamos a recoller mostras nestes lugares. Tamén organizamos saídas para recoller mostras ou facer fotografías noutras partes da contorna: Roteiro do Río Frade (lugares de Portela e Ermelo), Cabo Udra ou as Illas Ons.

Titoriais Fitofaladoiro

Herbario e Banco de Xermoplasma (SANT) e Instituto da Lingua Galega (ILG)

Como coller plantas

para preparar exemplares de herbario

 

Como prensar plantas

para preparar exemplares de herbario

 

Please reload

bottom of page